A radio é unha ferramenta óptima para fomentar as relacións interxeracionais e traballar por unha sociedade para tódalas idades. Ademais, permite fomentar o avellentamento activo. Dende o Laboratorio de Radio temos participado en diferentes experiencias radiofónicas dende a perspectiva interxeracional.
Radio Sen Idade: Programa no que se aglutinan diversidade de experiencias baixo o lema "porque a radio, como a idade, non se ve, escóitase". Este proxecto foi recoñecido co Premio Jóvenes Emprendedores Sociales da Universidad Europea de Madrid. Entre elas están:
- As realizadas ao abeiro dunha bolsa de investigación financiada pola Deputación de A Coruña e que podes atopar aquí. Son un total de catro experiencias: Asociación Cultural San Campio de Vedra, CEIP Barouta, CPI Virxe da Cela e Centro Cívico Cidade Vella de A Coruña. O obxectivo fundamental deste proxecto foi a interxeracionalidade e o patrimonio cultural inmaterial.
-A realizada dentro do programa "Ronsel do Campus" coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia.
-A Experiencia Conta: É un proxecto promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que pretende por en valor aos nosos maiores dende a creación dun espazo interxeneracional, e empregando a radio coma canle comunicativa. Foi desenvolto en 5 contextos diferentes (Concello de Vedra, Residencia As Dores de Lalín, Residencia San Xoán-CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei, Afundación-Cruz Vermella Betanzos e Asociación O Castro de Vilanova de Arousa. Podes escoitalo premendo aquí.


Qué buena presentación para este proyecto de radio. Iniciativas como Radio Itinerante Creativa son una gran oportunidad para experimentar con la comunicación, compartir historias y fomentar la participación de distintas personas a través de la voz y la creatividad. Seguro que será un espacio muy interesante para escuchar y aprender.
ResponderEliminar________________________________________________________________
Consulto dczogbi.com para información sobre equipos forenses.