CPI Virxe da Cela I SECUNDARIA


RADIO INTERXERACIONAL

Comezamos nova experiencia. Os alumnos de 3º e 4º e os de 3º da ESO xuntos no mesmo estudo de radio cun obxectivo: traballar radiofónicamente sobre a figura de Manuel María.



Despois do proceso de convivencia radiofónica entre alumnos da ESO e Primaria toca escoitar os seus froitos. Foi unha experiencia moi interesante que agardamos que se repita. 



Remata esta experiencia co programa interxeracional sobre a figura de Manuel María. Música, poesía e moita radio. ¡Preme no play e escoita!




Este é o Carné de identidade de Manuel María

Eu son Manuel María. 
Nacín no 29, o 6 de Outono, 
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
 Son dunha caste rexa de labregos
 fieles á súa terra e ao seu Deus. 

Agora son un namorado. 

Eu son Manuel María,
 cantor da Terra Chá que algunhos din. 
Cantor da terra chá que leva un
 clavada nas entrañas, penso eu. 

Eu son Manuel María, 
labrego con algo de poeta. 
Por eso gardo as albas
 no fondo dos meus ollos 
e ando de vagar o meu camiño, 
e pídolles ás cousas a súa tenrura
 e aos homes pídolles verdade. 

Non teño máis tarefa:
Son unha humilde folla que salaia 
na noite escura movida polo vento.
 Eu son Manuel María, 
un son tan só, lonxano e feble. 

                        Documentos persoais, 1958


Nós somos...





RADIO na EDUCACIÓN SECUNDARIA 


Unha nova experiencia comeza no CPI Virxe da Cela. Os alumnos de 2º e 3º da ESO collen o testigo dos maiores para facer radio da man do www.laboratorioderadio.com

FUNDACIÓN REPSOL na nosa radio 


Os alumnos de 3º da ESO fixeron un programa de radio sobre o seu propio instituto. Nel, puideron entrevistar a Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol, Javier Inclán (director da area social e institucional de Respsol), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) e a Yon Penas (docente do programa Genios). Todos eles son a mostra da participación co CPI Virxe da Cela  co fin de lograr un futuro sostible baseado no coñecemento e na innovación. Velaí vai:


Os alumnos de 3º da ESO fixeron un programa de radio sobre o seu propio instituto. Nel, puideron entrevistar a Ignacio Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) , Javier Inclán (director da area social e institucional de Respsol), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) e a Yon Penas (docente do programa Genios). Todos eles son a mostra da participación co CPI Virxe da Cela co fin de lograr un futuro sostible baseado no coñecemento e na innovación. Velaí vai:

Programa pola Paz. 2015.

Os alumnos de 2º da ESO estanse a documentar. A redacción esta botando fume. Os contidos son moi variados: entrevista, reportaxe, editorial...todo sobre a Paz. Xa estamos no aire, podes escoitar:



¿Qué significa la palabra PAZ? Na voz de Antía


En busca da PAZ por Sergio 



----<-@    ------<-@            ----<-@    ------<-@             ----<-@    ------<-@         ----<-@    ------<-@
Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Armando Requeixo rescata as palabras de Carballo Calero que falaban do poeta total para adicarlle tal adxectivo a Díaz Castro. Dende a Radio do CPI Virxe da Cela descompoñemos ese todo para analizar pormenorizadamente cada unha das facetas deste gran poeta. Este é o resultado que firman os alumnos de 3º da ESO.


  • Programa especial sobre a figura de Díaz Castro.

  • O poeta na boca doutros forneiros de verbas. Lucía, Adrián, Álex e Daniel acollen a voz de Miguel Anxo Fernán Vello para rendir homenaxe ó guitiricense.
  • Betanzos, un dos lugares preferidos de Díaz Castro. Laura, Antía e Pablo falan da relación do poeta ca nosa cidade, aquela na que foi premiado por Nascida dun soño.

  • A infancia: Díaz Castro sinónimo de Guitiriz. Rocío e Brais descubren ó poeta do telúrico, do íntimo e trascendente.


De boa gana

Os alumnos de 3º da ESO del CPI Virxe da Cela toman os mandos da radio e fan este programa (case) improvisado. 

Escoiten, ¡non se arrepentirán!



 Radio Itinerante Creativa, o proxecto de www.laboratorioderadio.com chega ó CPI Virxe da Cela (Monfero) para achegar a maxia da radio ós máis novo. Neste caso, un grupo de  4º da ESO. Esta é a súa radio, a plataforma onde eles se expresarán, a través do son, para todo o mundo.

Eles son... Adrián, Iago, Jennifer, Kevin, Lucía, María, Martín, Miguel, Rubén, Sandra, Silvia y Yaiza.
Radio CPI Virxe da Cela

Música: fonte de creatividade

Desta mestura saen estes audios, e destes audios o que vostede imaxina así formaremos unha cadea creatividade que xa ninguén poderá deter. Porque a radio é imaxinación e a imaxinación é creatividade.

  • Al otro lado


  • ¡Servilleta! 

  • Camila


  • De principes y princesas



  • Lembranzas de ti 


  • O cabalo salustiano 

  • Primavera 


  • Damisela


  • Salir corriendo


¿Que ten que ver Felipe II con Ángel Nieto?


Seguramente nada pero escoita as reportaxes que fixeron os alumnos de 6º do CPI Virxe da Cela (Monfero) sobre diferentes persoeiros e quizais cambies de idea. 

  • Felipe II: rey y sabio. 



  • Casey Stoner: monarca sobre ruedas



  • Diego Velázquez: el pincel perfecto



  • Iker Casillas: el santo oportuno



  • Mahatma Gandhi: la no violencia por bandera



  • Carlos IV: el cazador cazado



  • Andrés Iniesta: el triunfo de la humildad 



  • Ángel Nieto: el campeón infinito 



  • Vicente Ferrer: ejemplo vital


  • Miley Cyrus: provocación absoluta



O CPI Virxe da Cela vístese de poesía, as verbas de poemas imprescindibles brotan das xoves voces destes rapaces que se encontran ca palabra e ca maxia das ondas unha vez á semana. Nesta ocasión, a literatura manda obviando as Opiniones (Juan Gelman), que No volvere(mos) a ser jóvenes (Gil de Biedma) pero con un Aviso (Gabriel Celaya) claro, Volver (Gil de Biedma) ó Canto ó idioma galego (Manuel María). Y los ojos prometen (Jorge Guillén) que isto é só o comezo.


  • Opiniones de Juan Gelman por Yaiza Fernández 



  • No volveré a ser joven de Gil de Biedma por Adrián Allegue



  • Aviso de Gabriel Cela por Lucía Bouzon



  • Volver de Gil de Biedma por Martin Cortizas



  • Canto ó idioma galego de Manuel María por Silvia López y Rubén García



  • Y los ojos prometen de Jorge Guillén por Iago Vázquez y Jenifer Mejide




Así se presentan...


  • Adrián



  • Iago


  • Jennifer



  • Kevin



  • Lucía


  • María


  • Martín


  • Miguel


  • Rubén


  • Sandra



  • Silvia


  • Yaiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario