RTVEnxebre - CPI Virxe da Cela

Comezamos novo curso radiofónico no CPI Virxe da Cela. Nova andaina radiofónica co alumnado de 1º e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tamén poderás atopar as nosas producións audiovisuais. RTV Enxebre é un proxecto da Fundación Ayuda en Acción -desenvolto polo Laboratorio de Radio- co apoio de Fundación LaCaixa e Fundación Repsol .

RTV Enxebre -Radio CPI Virxe da Cela 2021

Esta é unha historia creada por 4º de primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero. Parte dunha reflexión sobre a violencia de control e sobre as distintas manifestacións da violencia de xénero. A música empregada é Ghosts II de crowander e descargada de https://freemusicarchive.org/. Escoitade "A liberdade roubada".




Quen dixo que en 2º de Educación de Primaria non se pode facer un podcast?.Este é un exemplo. O conto dun pitiño, dun parruliño e dunha viaxe a un fermoso lugar chamado bicholandia. A música é CCby e foi descargada de  https://freemusicarchive.org/. Se a queredes localizar, o seu nome é Rags2RichesRag. Pecha os ollos e deixa voar a túa imaxinación con este conto sonoro: "Os animais que soñaban con viaxar a bicholandia".


Sempre hai unha primeira vez para todo. Do primeiro encontro do alumnado  de 1º de EP do CPI Virxe da Cela coa radio escolar, emerxe este conto sobre un parruliño. A música: SaloonRag podes encontrala en audionautix, é  CCby.




RTV Enxenbre -CPI Virxe da Cela 2020

CONTO POLA PAZ escrito por Andrea Rivera (2º da ESO), 
na voz de 3º de primaria e con efectos de son de 1º de primaria!


A MIÑA BISA NO COLE, unha peza de 5º de primaria





ENTREVSTA A Domingo Presas.- coordinador de ASEM Coruña. 

4º de primaria preparou esta entrevista que deixou titulares interesantísimos.

 

O ENTROIDO DE SAMEDE por 2º de primaria






   Pechamos tempada de RTVEnxebre en Madrid, unha viaxe

polos interiores da radio.


 


 Nesta viaxe, tivemos a sorte de falar cun referente da radio: Roberto Sánchez.
Podes escoitar a entrevista íntegra!


 

                              
                    RTVEnxebre achéganos a historia de Jacinto Mathe. 
                   Unha historia de inspiración que nos conecta con Mozambique.





RTVEnxebre é unha televisión do rural que fala para o mundo. Visitamos Granxas Lousadas, exemplo de negocio que pode poñer en valor o noso medio.



    Esta é Dona Mercedes, Mercedes Cachaza, que foi profesora 
     deste cole e que nos amosa a importancia de aprender e estar 
activos e activas ao longo de toda a vida!



                       Ela é Ana González, un exemplo da vida que lle podemos dar ao rural.                          O negocio de Ana supón todo un compromiso coa terra.
Abride ollos e orellas e aprendede desta muller!


                           
 
El é Álvaro, foi o noso conserxe e é outro exemplo de que a xubilación
é unha fase da vida estupenda para seguir con moita actividade!



                         
             RTVEnxebre. O conto de Adela Turín e Nella Bosnia,Arturo e Clementin                                             é un canto á igualdade. Adaptamos ese canto: as palabras e as ilustracións 

                                     son do alumnado do CPI Virxe da Cela.

                  

 


RTVEnxebre visita La Radio de los Gatos de ASPACE (Entidad sen ánimo de lucro de Atención á Parálise Cerebral). Unha visita que deixou moitas aprendizaxes e tamén esta reportaxe audiovisual:






 RTVEnxebre. Pequenos ollos, grandes obras.  A interpretación de grandes obras 
                                           feitas polo alumnado de primaria.



               



             As nosas letras xa teñen o seu propio telexornal pero este, está máis vivo ca nunca.


 



Doando boas ondas


A radio do CPI Virxe da Cela de Monfero desprázase ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) para facer un programa de radio sobre a doazón de órganos coa presenza do Coordinador de Transplantes de Órganos do CHUAC, o doutor Fernando Mosteiro; o secretario da Federación Galega de Doantes de Sangue, José Manuel Otero e o vicepresidente da Asociación Galega de Transplantes Airiños, Juan Graíño, entre outros.







Álvaro e Marisa: conserxe e cociñeira


 Entrevista ao noso conserxe e a unha das nosas cociñeiras. Chegou a xubilación e temos moito que preguntar!!!








As Letras de María Victoria Moreno

 Os personaxes dos contos de María Victoria Moreno, chegan ao CPI Virxe da Cela.  Inspiración para 1º e 2º de primaria que queda recollida neste podcast.

 
Por outra banda, o alumnado de 4º de Primaria, fixo unha investigación creativa que podes escoitar neste programa no que interveñen Eli Ríos, Monse Pena, Francisco Castro, Fran Alonso, e Andrea Jamardo!!!





Especial Educación para o Desenvolvemento Primeiro directo realizado polo alumnado de 4º de primaria coa presenza de Ignacio Egea, vicepresidente da Fundación Repsol e Lola Zamarra, directora da área social e voluntariado da mesma Fundación. Ademais, contamos con I Marta Marañón, directora de relacións institucionais de Ayuda en Acción.




A Paz en podcast, A nosa radio interxeracional, composta por 1º da ESO e veciños/as maiores da zona deu como resulado un primeiro podcast sobre a paz.



Panxoliña de Nadal, O clásico de Charles Dickens narrado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI Virxe da Cela nesta adaptación libre. 


Se premes no play poderás escoitar o relato completo. Bo Nadal e feliz ano!!!



As mulleres tamén xogan, un programa pola igualdade, O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller pero todas coincidimos nunha cousa: un só día non chega. Por iso, trazamos neste podcast un camiño para falar de igualdade, de visibilizar as mulleres deportistas, de coñecer unha asociación que promove o papel das mulleres no deporte, MUDEGA. Coa participación de 4º de Primaria e 1º de ESO e a dirección e locución de 5º e 6º de Primaria, arrancamos este manifesto sonoro. 





Rosa Caramelo, un conto pola igualdade, O cadro de actores e atrices de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela adaptaron a historia de Adela Turín e Nela Bosnia, un conto que fala sobre a igualdade entre elefantes e elefantas e a necesidade de rachar cos estereotipos actuais.  



Xuízo por asasinato de Charles Dickens, un clásico adaptado á radio e en galego. As voces e a imaxinación son do alumnado de 4º de primaria.



Se premes no play poderás escoitar o relato completo. Un conto de medo!!!






Radio Leiteira: 5º, 6º, 1º,3º primaria

Dentro do proxecto "A vaquiña polo que vale" o alumnado realizou un programa de radio que xira arredor do mundo leiteiro. 



Os contidos que podes escoitar se premes no play son: visita a unha queixería e a unha granxa da zona, conversa cun veterinario, dúas gandeiras xubiladas e unha gandeira en activo. Ademais, non perdas a reportaxe feita a Rosa Arcos, presidenta de Fademur. Tamén podes atopar as cuñas para poñer en valor o leite e o informativo que elaboraron os máis pequenos. Escoita xa o programa e serémolo leite!



Radio Interxeracional: Costumes, 4º primaria



No proxecto interxeracional 4º de primaria con veciñxs da zona e en coprodución con Radio Miñoca, falamos do Patrimonio Cultural Inmaterial. Abre as orellas!


<5º-6º primaria>

CPI Virxe da Cela na Facultade de Ciencias da Educación (USC)



A visita do alumnado de primaria ás aulas da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela deixou froitos como estas historias de deLeite:




O alumnado contou na universidade a súa experiencia coa programación, a robótica e a radio. Desta última profundaron en técnicas vocais, os elementos técnicos precisos para facer radio e a creatividade.




Estas historias están inspiradas nunha fotografía realizada na visita a unha granxa dentro do proxecto "A vaquiña polo que vale".




<4º primaria>

Experiencia Interxeracional no CPI Virxe da Cela


O alumnado de 4º de primaria do CPI Virxe da Cela e un grupo de veciños e veciñas de Monfero están a traballar en conxunto dende a radio no marco dunha investigación financiada por unha bolsa outorgada pola Deputación da Coruña. Desta experiencia naceu unha sinerxía co alumnado da ESO do Castro Baxoi de Miño da que naceu un Especial Letras Galegas 2017: Carlos Casares.

  

Igualmente,no marco desta coprodución interescolar, o alumnado de Radio Miñoca entrevistou a Hakan Casares, o fillo do autor homenaxeado nas Letras Galegas neste 2017.


A Radio Infernal de de Primaria

A rapazada de cuarto creou unha auténtica e aterradora Radio_Infernal. Non o cres? Pois será mellor que escoites (se non che dan medo as historias de terror, claro...):
  •   A cabana da morte por Tomás, Manel e Brais

  • A firma por Brais, Andrea, Alicia e Pablo

     

  • Williams, o asasino por Miguel e Iker


<3º primaria>

O alumnado de terceiro está descubrindo a linguaxe radiofónica dende o xénero da entrevista e da ficción sonora. Próximamente...

 


<1º primaria> 

  A estrea radiofónica de 1º de Primaria

'Chegou por fin o gran día' é a estrea radiofónica do alumnado de 1º de Primaria. Unha andaina que comeza con este conto e que seguro dará moitos e interesantes froitos.
 

 

<4º primaria>

A identidade da nosa radio

Moi boas, xa temos nome para a radio temática: radio infernal. Foi elexido pola maioría dunha chea de nomes que saíron. Moi cedo veredes tamén o logotipo elixido. Tamén temos pendente a gravación dos indicativos, ollo, son moi terroríficos. Ademais, fomos  á biblio a buscar libros de medo, co gallo do Samaín, e escollemos unha frase de cada un deses libros a partir das que temos que crear un conto que levará efectos de son. Ademais, dende o consello de redacción, consideramos que sería boa idea que eses contos estiveran ilustrados con debuxos. Por certo, hoxe traballamos cunha gravadora e dous micros no canto da mesa de son, e enchufamos todo.
Moita radio para tod@s amig@s.

Xiana e Marcos. 4º de primaria


Creamos unha radio temática

Somos o  consello de redacción,  Marcos e Xiana, e a nosa tarefa é contarvos todo o que pasa na radio do cole, na redacción de 4º de primaria. Máis adiante deixaremos a tarefa do consello de redacción a outros compañeiros.

O primeiro que tivemos que facer é  tomar nota do que os compañeiros  e compañeiras querían facer na radio. Ao  longo da semana, votamos na clase as ideas e decidimos que iamos empezar por facer  contos de medo e  radioteatro . A nosa profesora Sonia acompañounos nesta decisión.


Agora estamos traballando en diferentes grupos. Uns  están con frases de medo, que se chaman indicativos, e outros co nome da radio e os logotipos.

Tamén dedicámonos a aprender coa profe de radio, Lucía, como se colocan os cables, micros e mesa de son.

Gústanos que este ano fagamos todo por votación porque sabemos o que temos que facer mellor cada un e tamén  así, todos  e todas, poden votar polas ideas que máis lles gusten e non que o decidan o demais por eles ou elas

Os nomes máis votados  que saíron do grupo de nomes propostos para a nosa radio de medio foron:

Monstro radio
Radio zombi
Radio encantada
Radio infernal

Nos vindeiros días saberemos cal é o nome elixido.

Saúdos e moita radio para todos. 


Xiana e Marcos






SoÑo RuRal. Unha asociación que se MoVe.
Explicamos o nacemento de Soño Rural, o proceso para facer as actas dunha asociación, falamos dos nosos blogues e moito máis. ¡Escoita!





O bigote de Mimí. Manuel María.





Presentamos a Mimí...

 

¡As Vangardas Artísticas chegan a primaria!

Pero...¿que é iso? ¿pintura? ¿música? ¿teatro? ¿abstractas ou figurativas? ¿Revolución ou reacción? Investigamos dende a radio do CPI Virxe da Cela para contarcho. Ademais se premes no play e escoitas coñecerás os libros que podes consultar na biblioteca relacionados con este tema.






Describimos a pintura dende a radio mediante unha técnica vangardista: a escritura (ou neste caso a locución) automática: ¡Escoita!




Esta pintura é de Maruja Mallo, unha pintora surrealista galega. ¿Que é o surrealismo? ¡Escoita o programa!



Este home é Arnold Schoenberg. Pintouse a si mesmo porque ademais de ser compositor, coñecido pola música dodecafónica (escoita o programa se queres saber que é), era pintor.


Ademais de ter un bigote enorrrrrme, Salvador Dalí é un artista recoñecidísimo que ademais fixo debuxos para Walt Disney.




Manual de Calcentins Salvaxes. Escea 2

Un conto de Pablo Prestifilippo levado á radio. 

                                                         




      
 ¡Escoita como soa premendo no play!







Creando interxeracionalidade


Os rapaces de primaria do CPI Virxe da Cela fixeron pezas de radioteatro a partir de "Manual de calcetíns salvaxes" de P. Prestifilippo. Tamén o ilustraron. Desas ilustracións, en Betanzos Radio xurdiron novas historias. Escoita.



  • Historia I. Unhas amigas. 







  • Conchi e Beti. Autoras deste conto.




  • Historia II. Un día de chuvia.



  • Manel e Jesús. Autores do conto.





  • Historia III. O dinosauro bebé



  • Fanny e Alfonso. Os autores deste conto.





  • Historia IV. Unha nena.




  • Fina Bermúdez e Jesusa. Autoras deste conto.





  • Historia V. Cogumelo esfolado.




  • Belén e Quique. Creadores deste conto.



  • Historia VI. Noticias raras.




  • Germán e Lola. Autores deste conto.




  • Historia VII. A bota de Silvia.

 


  • Tonino e José. Esta é a súa historia.






Día Mundial da Radio: 13 de febreiro
Alumnos de 6º de primaria ca súa versión de "A guerra dos mundos" de Orson Welles-



















































































































  • Matilda, unha escea radiofónica
  •  


    Pasando as páxinas ficamos cunha morea de esceas do clásico 'Matilda' de Roahl Dahl que paga a pena ser interpretadas. Nesa labor, os locutores de 3º e 4º de Primaria puxeron a súa voz para darlle vida no medio radiofónico.

















































































































  • Manual de Calcentins Salvaxes. Escea 1

  • Un conto de Pablo Prestifilippo levado á radio. 
                                                                    ¡Escoita como soa premendo no play!

     


    Os locutores de 1º e 2º de Primaria poñen voz e vida aos calcetins máis salvaxes do autor Pablo Prestifilippo. Primeira aventura radiofónica...'O misterio dos calcetins salvaxes...".

















































































































  • Escola-Universidade. Un día de encontro coa a radio e o medio ambiente.

  •  
    Mestres en potencia e alumnos de Primaria nun encontro radiofónico. 



    Ademais, tivemos tempo para traballar ca escoita dos máis pequenos, algo fundamental na radio e na vida.






















































































































  • A nena de auga e o príncipe de lume.

  •           Un conto de Xabier P. Docampo levado á radio. 
                                                                    ¡Escoita como soa premendo no play!






    ¿Como afrontar o paso de Primaria á ESO?

              A importancia do diálogo alumno-profesor. ¡Escoita a entrevista!





    _________________________________________________________________________________

        Chegan á Radio do CPI Virxe da Cela novos locutores e locutoras de 3º e 4º de Primaria e unha boa canteira de Infantil. ¡Experimenta a Radio!

      • Historias con efectos
      • Perdida no supermercado:

      • PLAY.  Escoita esta historia ilustrada con efectos de sonido que inventaron os nosos locutores:


        • Un conto de nadal:



             
        ¿Como farías soar as túas historias? pois só precisas a túa imaxinación. Play e escoita.







        • Os libros que están por escribir
        •  
        ¿E se na mente dos nosos locutores de primaria están as ideas para facer un bestseller? 

        ¡Play e escoita!




        Contos do mundo fusco:





        Un adolescente con poder:




        Unha historia con moito duende:




        Un conto sobre rodas:
        • Consellos de lectura



        • O noso primeiro informativo

        O tempo voa na nosa redacción, no terceiro trimestre deste 2015 a nosa radio recibe ós redactores de 5º e 6º de primaria.

        • Informativo positivo. Traballando este xénero achegámonos á figura do editor, aquel que decide qué información entra no programa e, moi importante, en que orde. Para que todo vaia ben terá que facer traballo en equipo cos redactores e productores. Neste caso por levar á contraria ós informativos convencionais, facemos un boletín cheo de novas boas.



        • A princesa que quería ser princesa
        Os rapaces de 1º de primaria dan luz a este precioso conto.

        • Un mundo sen papel
        Conto dos alumnos de 3º e 4º de Primaria.


        • Presentación Pasaportes Solidarios 2014/2015
        Os redactores de 4º de Primaria fixeron un programa cun invitado moi especial, o voluntario Cristóbal Ramirez, que veu a presentar o novo Pasaporte Solidario deste ano.



        • Celebramos o Día Mundial da Radio

        3º e 4º de Primaria reflexionan sobre termos relacionados ca radio porque ¿que é un jingle? ¿e un indicativo? 




        Novas voces irrumpen na Radio Itinerante do www.laboratorioderadio.com grazas a acollida dun Centro (o CPI Virxe da Cela) que se esforza porque os seus alumnos gocen aprendendo. Instalamos o estudo de radio en primeiro e segundo de Primaria, abrimos micrófonos: velaquí están.


        • ¿Queres escoitar uns contos? ¡Preme no play!
            "Pedriño e os animaliños" por 2º de Primaria



                    "Viva o can e o gato" por 1º de Primaria




                       "O conto dos Xogos Olímpicos" por 1º de Primaria


        • Volvemos a vista 90 anos atrás, ¿como naceu a radio en España?

        • ¡Canta con nós!
                  A mi burro, a mi burro...


        • ¿Que é...?
                       
                             A Operación Pokemon


                             Un político
                                
                               
                               O rei



                                Unha mesa de son



                                  Internet 


        • ¿Quenes son e que lles gusta ós nosos pequenos locutores?
          
        Este é o rincón para que os rapaces de 5º e 6º de Primaria, do CPI Virxe da Cela (Monfero), se expresen mediante a maxia da radio. Ese é o obxectivo do programa Radio Itinerante Creativa que parte do www.laboratorioderadio.com .

        Especial Letras Galegas en 5º e 6º de Primaria




        Descubrimos a Díaz Castro na voz de Verónica



        Díaz Castro dende a pluma dun neno. 6º de Primaria.
        • Pluma de Borja

        • Pluma de Aldara

        • Pluma de Zaira

        • Pluma de Zito

        • Pluma de Pablo

        • Pluma de Nicolás


        Díaz Castro dende a poesía, a publicidade e a música. 5º de Primaria.
        • Poema a Díaz Castro por Rubén e Diego
        • Canción de Díaz Castro No resplandor do día por Ainhoa, Jairo e Laura

        • Anuncio de Díaz Castro 


         No resplandor do día  a través dun tren de voces composto polas voces dos alumnos.

        Antoloxía de Díaz Castro, homenaxeado nas Letras Galegas 2014. Este é o resultado:

        O noso primeiro programa: Monfe Exprés

        Chegou a hora de facer un programa. Os alumnos de 6º de Primaria, liderados por Pablo Maroño, comezan a crear contidos, ¿o resultado? velaí vai, paga a pena escoitar Monfero exprés.

        Estudio Alpha de Radio CPI Virxe da Cela

        Rap e aprendizaxe

        Zaira, unha rapaza de 6º de Primaria creou estes raps para coñecer as preposicións e as conxuncións. Unha maneira divertida de aprender ca radio.

        • O rap das preposicións

        • O rap das conxuncións


        A música: palabras que voan

        Unha melodia. Suxerencia. Cada cousa provoca en cada ser unha sensación ben distinta. Sensacións que se converten en palabras e que nun intre semellan ser historias que conflúen nun universo paralelo
        Dende a radio do CPI Virxe da Cela os rapaces de 5º de Primaria construén os seguintes mensaxes fuxidos da súa enorme creatividade.

        • A nena perdida por Verónica 


        Debuxo feito por Verónica
        • Gústame a escola por Jairo 

        Debuxo feito por Jairo

        • Colorado y escamas por Cintia 


        Debuxo feito por Cintia
        • Illas Cíes por Laura 

        Debuxo feito por Laura
        • O día máis feliz por Rubén 

        Debuxo feito por Rubén

        • Illas Ons por Lucía 

        Debuxo feito por Lucía

        • Os golfiños por David

        Debuxo feito por David

        • Paris y la panda por Ariel 

        Debuxo feito por Ariel 

        • Tarde no rio por Pablo 

        Debuxo feito por Pablo



        • Un día de praia por Diego 

        Debuxo feito por Diego 

        • Un día moi divertido por Candela 

        Debuxo feito por Candela

        • Un lume grande por Héctor 

        Debuxo feito por Héctor


        Monfero vistese de solidariedade

        O Rastro Solidario foi un ano máis un absoluto éxito. Alumnos, profesores, nais e pais e la inestimable colaboración de Ayuda en Acción puxeron tódalas súas boas intencións para facer de esta festa solidaria unha demostración dos valores máis fermosos do ser humano: a solidariedade. 


        Emisión especial dende o Mercado Solidario de Monfero

        ¡Axitemos conciencias, cambiemos o mundo!


        • VI Edición do rastro solidario de Monfero



        • Alimentos por obxectos no Rastro Solidario de Monfero


        • Ayuda en Acción no Rastro Solidario de Monfero 


        • ¡Que viva o Rastro Solidario de Monfero! Entrevistamos ás nais


        • Magdalenas e chocolate 



        Rebelión animal

        ¿Imaxinas que un día os animais comezan a falar? Non rías, podería pasar, e senón que llo pregunten ó protagonista do noso conto, Pedro. Escoita e non te preocupes que os efectos e as voces as poñen eles, os alumnos de 6º do CPI Virxe da Cela (Monfero).



        Monfero ten moito conto

        Nun lugar de Galicia, cuxo nome recordamos...MON-FE-RO. Aquí, en Monfero, ten lugar a historia que nos contan os alumnos de 5º de Primaria, que ademáis das voces aportan os sons,os efectos que fan máis real unha historia disparatada. Escoita este conto tan especial, paga a pena.





        "O xénero da entrevista asoma pola la radio de 5º de Primaria do CPI Virxe da Cela".

        Abrimos interrogación: 5º de Primaria, Radio CPI Virxe da Cela. Cerramos interrogación.
        Hoxe os redactores e locutores de 5º preguntan...¿as repostas? Aquí, abaixo.

        Emisión número tres da Radio CPI Virxe da Cela

        • "Me gustaría ir a Madrid a tomar la puerta del Parlamento". Ariel da resposta ós interrogantes de David.   


        • "Del ajedrez, prefiero las fichas negras". Ariel quere saber máis sobre David.


        • "De maior gustaríame ser camareira". Lucía da resposta ós interrogantes de Cintia.


        • "Os nenos, por muy pequenos que sexan, poden ter moito talento". Lucía quere saber máis sobre Cintia. 



        • "Gústame ver como corren as motos". Diego da resposta ós interrogantes de Jairo.



        • "Prefiro FDF a Telecinco". Jairo da resposta ós interrogantes de Diego.



        • "Gústame ir sobre dúas rodas ó monte".  Héctor quere saber máis sobre Rubén. 



        • "A miña serie favorita é Aida".  Rubén quere saber máis sobre Héctor. 



        • "Quero ser astrónoma para mirar as estrelas". Verónica da resposta ós interrogantes de Laura.


        • "Gústame ir sobre rodas". Laura da resposta ós interrogantes de Verónica.



        Todos sabemos preguntar: O xénero da entrevista chega á radio dos alumnos de 6º do CPI Virxe da Cela.

        Os alumnos de 6º de Primaria do colexio de Monfero hoxe son interrogantes.


        Radio CPI Virxe da Cela no aire

        ¿Que é a entrevista?

        Os alumnos do CPI Virxe da Cela explican como se fai una boa entrevista.


        • "Gústame moito operar". Sara resposta a Laura.
        • "Non podería vivir sen o móbil". Laura resposta a Sara. 


        • "De Galicia gústanme as praias e as arbores". Pablo afonda na figura de Roberto.
        • "O que máis me gusta son os elefantes vermellos" Roberto quere saber máis de Pablo.
        • "Gústame moito ensinar e ver ós nenos aprender". Sara fala do futuro con Aldara.


        • "O meu momento favorito foi cando descubrín o móbil". Aldara se confesa ante Sara.


        • "O que máis me gusta é achegar á xente á radio". Lucía  da resposta ós interrogantes de Zaira.



        • "Zaira: deportista e artista". Zaira da resposta ós interrogantes de Lucía .


        • "FDF é un bó canal".  Zito quere saber máis sobre David.


        • "Gol TV debería ser público". David quere saber máis sobre Zito.



        • "O Deportivo é o meu equipo". Nicolás quere saber máis sobre Borja.



        • "Quero ser piloto de rally". Borja quere saber máis sobre Nicolás.


        Eles son os alumnos de 5º de Primaria... Ainhoa, Ariel, Borja, Candela, Cintia, David, Diego, Héctor, Jairo, Laura, Lucía, Pablo, Rubén y Verónica.



        E así se presentan:


        • Ainhoa


        • Ariel


        • Borja


        • Candela


        • Cintia


        • David


        • Diego


        • Héctor


        • Jairo


        • Laura


        • Lucía


        • Pablo


        • Rubén
        • Verónica



        Eles son os alumnos de 6º de Primaria... Aldara, David, Laura, Nicolás, Pablo, Roberto, Sara Golpe, Sara Otero, Zaira e Zito.





        E así, se presentan:



        • Aldara




        • David




        • Laura




        • Nicolás



        • Pablo




        • Roberto




        • Sara Golpe




        • Sara Otero




        • Zaira




        • Zito










      No hay comentarios:

      Publicar un comentario